publicidade hoxe

A Xunta iniciará o desenvolvemento dun millón de metros cadrados na primeira fase do parque empresarial de Morás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArteixoLocal Portada
A-
A+

A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas de Vivenda, iniciará este ano o desenvolvemento dunha primeira fase do parque empresarial de Morás, en Arteixo, tal como se informou no consello de administración de Xestur, que se celebrou hoxe e no que se comunicou o plan de actuación neste parque empresarial coruñés.

A existencia de demanda de solo empresarial na área da Coruña permite afrontar, este ano, o desenvolvemento desta infraestrutura empresarial.

O plan de actuación para Morás prevé o desenvolvemento dunha primeira fase cunha superficie bruta de 1 104 651 metros cadrados, que suporán un total de 599 211 m2 de superficie útil de parcelas.

Simultaneamente coas obras da primeira fase, realizarase a explanación da parcela K3, xa que é necesario facer voaduras que non se poderían levar a cabo no caso de estar urbanizada o resto da primeira fase.

Nesta fase, realizaranse todas as conexións externas, incluído o viario de acceso dende a Autovía A-6, así como a subestación eléctrica.

Nestes traballos contarase cun investimento de preto de 18 millóns de euros para a realización de ditas obras de urbanización no parque empresarial de Morás.

Así mesmo, o Goberno galego ten en marcha novas fórmulas como prezos bonificados e o “dereito de superficie”, que supón obter un aluguer simbólico con dereito a compra.

23 de xaneiro de 2017 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.