publicidade hoxe

A Xunta destaca o labor de dinamización do comercio local do centro comercial aberto da Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visitou hoxe na Guarda as instalacións de ACIGU- centro comercial aberto, onde coñeceu a campaña de Nadal que desenvolve a asociación e mantivo un encontro de traballo coa súa presidenta, Carmen García.

Durante a súa visita, Vázquez Abeal destacou o importante labor de dinamización e impulso á competitividade do sector comercial que desenvolve a asociación, activando campañas e diferentes iniciativas durante todo o ano para atraer clientes ao comercio do municipio pontevedrés.

O apoio ao asociacionismo comercial é un dos eixos da estratexia de impulso ao sector que desenvolve a Consellería de Economía, Emprego e Industria, que desde o ano 2009 concedeu apoios por máis de 300.000 euros para respaldar o traballo do centro comercial aberto guardés.

A Xunta ten en marcha o Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, que busca modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego e que está articulado arredor de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado; impulsar o smart commerce e o comercio electrónico; e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua. Un dos obxectivos que se fixan neste plan é incrementar nun 10% o número de comercios que se asocian para competir, chegando ata os 20.000.

4 de xaneiro de 2017 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.