publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta condena o asasinato dunha muller no Carballiño e mostra a súa repulsa contra a violencia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaO Carballiño
A-
A+

O Goberno galego expresa a súa máis firme condena polo acto de violencia de xénero que lle custou onte a vida a Virginia Ferradás Varela no concello ourensá do Carballiño.

Trátase da primeira morte por violencia de xénero rexistrada este ano en Galicia, un crime polo que o Goberno galego manifesta a súa consternación ao tempo que fai un chamamento a toda a sociedade para que se rebele contra esta repudiable lacra.

A Xunta fai un chamamento para que as mulleres que estean sendo vítimas de malos tratos denuncien e así se lle poidan prestar as axudas necesarias, tanto a nivel de protección policial, coma a nivel económico e así poder axudarlles a rachar coa situación de violencia na que están inmersas. Hai que lembrar que as vítimas teñen á súa disposición o teléfono 016, un telefono gratuíto que garante a confindencialidade, xa que non queda pegada na factura telefónica. Así mesmo, fai un chamamento a toda a sociedade para que se rebele contra a repudiable lacra da violencia de xénero e entre todos poder rematar con este tipo de actos, e poder acadar a plena erradicación deste problema público e social de primeira orde.

Cabe lembrar que o goberno galego ten a disposición das mulleres vítimas da violencia de xénero varias medidas de protección e asistencia integral, coma as axudas de apoio económico, axudas de apoio psicolóxico a través dun convenio co Colexio Oficial de Psicoloxía, cun teléfono de asistencia gratuito as 24 horas do día; ademais dunha rede de acollemento, que consta de 5 casas de acollida e do Centro de Emerxencias situado en Vigo. E outras medidas de apoio e protección, coma o servizo de asesoramento xurídico online e o servizo ATENPRO (servizo telefónico de atención e protección para vítimas de violencia de xénero).

Ademais, hai que lembrar que na nosa comunidade hai 80 Centros de Información á Muller en varios concellos de Galicia que realizan unha gran labor, sendo uns dos primeiros sitios a onde poden acoder as mulleres vítimas de violencia de xénero e onde atoparán axuda de profesionais na materia, coma psicólogas, avogadas ou asistentes sociais, que poderán proporcionar asesoramento xurídico e psicolóxico.

30 de xaneiro de 2017 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.