publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Tradescola organiza en Chantada dous novos concertos didácticos de música tradicional para escolares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantada
A-
A+

A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo, achegarase ata o concello de Chantada para impartir unha nova xornada de música tradicional para escolares que terá lugar o vindeiro luns 30 de xaneiro. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos polos mestres da Tradescola.

O primeiro dos concertos didácticos comezará ás 11:00 horas, no CEIP Xoan de Requeixo e o seguinte concerto, ás 12:00 horas no CEIP Eloisa Rivadulla. Nestes concertos, que estarán impartidos polos mestres da Tradescola : Mª Carmen Saborido, Jose Manuel López “Josele”, Daniel Carballo “Maca” e Gerardo Quintela, amosaráselles aos preto de 500 alumnos que asistirán, a evolución dos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega nos últimos séculos e os distintos ritmos, instrumentos e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Un dos obxectivos da Tradescola é incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego nos distintos ámbitos da sociedade, e para conseguilo, realiza asiduamente numerosos actos como charlas, exposicións, concertos, ou xornadas que achegan a numeroso público a coñecer de preto o traballo que está a realizar esta escola, ofrecendo formación a todas as persoas interesadas na música e no baile tradicional tanto na cidade de Lugo, onde imparte aulas diariamente na rúa Pintor Corredoira nº 4, como no resto de comarcas da provincia a través da realización de diversas accións formativas relacionadas co ensino da música e baile tradicionais. 

25 de xaneiro de 2017 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.