publicidade hoxe

A Orquestra de Cámara Galega rende homenaxe a Rogelio Groba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

O Teatro Colón programa para esta fin de semana un menú completo, composto de tres pratos moi especiais que darán cabida a tódolos públicos posibles:

Como entrante, o venres 13 de xaneiro, ás 20:30 horas, Aarón Gómez e Kike Pérez despregan todo o seu talento en “A La Carta”, un espectáculo feito a á medida do público. Baseándose en diversas enquisas, propostas e preguntas sobre que lles gustaría ver no show ‘A La Carta’transfórmase nun sitio onde poder ir e gozar dun espectáculo cheo de humor, cancións e o bo facer destas mozas promesas do humor canario. Un espectáculo onde Aarón e Kikeinteractúan co público e improvisan partes do seu espectáculo, compoñendo cancións sobre a marcha. (Entradas dende 8€)

Como prato principal, o sábado 14 de xaneiro, ás 20:30 horas, o Teatro Colón, a Orquestra de Cámara Galega e a soprano eslovaca Ingrida GapovarendenHomenaxe ao Compositor Rogelio Groba, un dos máis prolíficos -máis de 500 obras catalogadas- e lonxevos compositores galegos. Nacido en 1930 en Guláns (Ponteareas), o vindeiro 16 de xaneiro Rogelio Groba cumprirá 87 anos. Este concerto, no que poderemos escoitar obras do propio Groba, e dos Mestres Mendelssohn e Schubert, servirá de homenaxe e celebracion da vida dun compositores galegos máis importantes do século XXI. (Entradas 10€)

E como sobremesa, o domingo 15 de xaneiro, ás 18:00 horas, o felino máis audaz de tódolos tempos subirá ás táboas do Teatro Colón. “Gato con Botas, El Musical”, fará as delicias dos máis cativos e conseguirá que o regreso tras as vacacións de Nadal sexa doado e divertido. (Entradas dende 5€)

10 de xaneiro de 2017 | 11:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.