publicidade hoxe

A Oferta de Emprego Público de Narón correspondente a 2016 inclúe cinco prazas de promoción interna e dúas de consolidación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

A Oferta de Emprego Público (OPE) do Concello de Narón correspondente ao exercicio de 2016 inclúe un total de sete prazas, das que cinco son de promoción interna e dúas de consolidación. No primeiro dos apartados, tal e como indicou o edil de Persoal e Recursos Humáns, Pablo Mauriz, inclúense unha de Historiador-Arquiveiro-Arqueólogo (A1); outra de Técnico de Xestión (A2); unha máis de Técnico de Grao Medio docente (A2) e dúas de Administrativo (C1). As dúas restantes, de consolidación de praza, para as que se esixirán unha serie de requisitos, son de Administrativo (C1) e Auxiliar Administrativo (C2).

A OPE de 2016 do Concello naronés aprobouse en Xunta de Goberno Local o pasado 22 de decembro e publicouse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do día 2 de xaneiro.

Así mesmo, con cargo á OPE do ano 2015, o BOP do pasado luns tamén informou dunha vacante na Policía Local, se ben neste caso se trata dunha praza de mobilidade –derivada dun traslado-.

5 de xaneiro de 2017 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.