publicidade hoxe

A Mancomunidade de Ordes asesorará na acreditación de competencias profesionais adquiridas coa experiencia laboral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

Dende a Servizo de Orientación Laboral sa Mancomunidade de Ordes destácase a convocatoria do proceso de avaliación e acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral na Comunidade Autónoma de Galicia. Unha orde do 28 de decembro de 2016 e que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (http://bit.ly/2jyUxhM) por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. As persoas interesadas teñen ata o próximo 3 de febreiro para presentar as súas solicitudes, para o que poderán contar co asesoramento dende a área de fomento e promoción de emprego da Mancomunidade de Ordes.

As solicitudes deberán presentarse en papel na secretaría do centro integrado de formación profesional (CIFP) onde se vaia desenvolver o procedemento segundo o recollido na orde. Pódese facer uso da aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion. No caso de enviarse por correo o envío da solicitude deberá ser certificado, co selo de Correos no encabezamento da primeira folla do formulario e achegando copia compulsada da documentación. 

12 de xaneiro de 2017 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.