publicidade hoxe

A loita contra o escaravello picudo continúa con labores de poda e tratamento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Servizo Municipal de Xardíns segue loitando contra a vaga de escaravello picudo co obxecto de salvar as palmeiras dos parques e zonas verdes do municipio. Esta nota fase consistirá na poda das ramas secas e nunha nova aplicación do tratamento contra o insecto. Os traballos comezarán mañá mesmo polas palmeiras de Ravella e Doutor Fléming.

Esta poda das palmeiras se realiza de forma excepcional en inverno para aproveitar os efectos que as baixas temperaturas teñen no escaravello vermello. Dado que co frío o insecto diminúa a súa actividade, este é o mellor momento para cortar ramas xa que se reducen os riscos de que o picudo penetre nas árbores polos cortes realizadas ao retirar as palmas secas.

A actuación consistirá en cortar as palmas secas e os acios de dátiles. Isto último ten efectos preventivos xa que o peso que collen os acios ao medrar o froito provocan desgarros entre a rama e o tronco polos que o escaravello accede con facilidade ao interior da árbore, xusto o que se pretende evitar para que non acabe matándoa.

De forma paralela e aproveitando a utilización dos guindastres para realizar a poda, tamén se aplicará unha nova dose do tratamento a base dun fungo natural. O produto granulado na copa as palmeiras para que quede entre as follas e o tronco. Nesta substancia vai o fungo que non precisa de auga para medrar, polo que non favorece a aparición doutras especies que puideran resultar prexudicar ás árbores. Trátase dun produto natural autorizado na agricultura ecolóxica cuxo efecto é que contribúe a reforzar as defensas naturais das palmeiras para que, no caso de ser atacadas polo picudo, poidan resistilo sen chegar a morrer.

O Concello de Vilagarcía comezou a actuar contra o escaravello vermello a pasada primavera. Dende entón se teñen aplicado varias doses dos tratamentos que se están aplicando para previr o avance do escaravello que ataca ás palmeiras. A primeira púxose en abril, a segunda en xullo, a terceira en outubro e agora a cuarta.

O tratamento co fungicida combínase co sistema de endoterapia que se está a botar noutras palmeiras de espazos públicos. Este tratamento consiste en aplicar un produto que combina unha parte de insecticida para combater directamente o escaravello e outra parte de nutrintes para fortalecer á palmeira e lograr que resista con éxito o posible ataque do picudo vermello. O produto inxéctase no tronco mediante unha perforación con broca para que chegue ata a savia e faga o efecto esperado.

18 de xaneiro de 2017 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.