publicidade hoxe

A IV Feira de Oportunidades de Ordes terá lugar na segunda fin de semana de febreiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

A próxima feira de oportunidades de Ordes xa ten data de celebración. Será os días 10, 11 e 12 de febreiro no primeiro andar da Praza de Abastos. Novamente poderanse adquirir a prezos incomparables as últimas novidades en  téxtil, calzado, decoración, bixutería, marroquinería etc.

O prazo de inscrición será os días 30 e 31 de xaneiro, adxudicándose o acceso aos postos por rigorosa orde de chegada. As follas de inscrición  pódense recoller no Concello ou, si se prefire, redactar unha carta de solicitude. Xa de cara ao día 3 terá lugar o sorteo dos espazos habilitados entre todos os admitidos, tal e como se veu realizando en edicións anteriores.

En total serán arredor de 13 postos os que dende o Concello se lles  ofrecerán aos comerciantes que queiran participar na que será a cuarta edición desta cita comercial, e que dende a súa posta en marcha alcanza importantes cifras de visitantes e vendas.

Co obxectivo de que o público poida realizar as súas ompras tranquilamente o Concello porá á disposición das persoas interesadas un servizo de ludoteca na mesma Praza. O horario será de 18 a 20 horas durante os tres días. Ademais o sábado e o domingo ampliarase de 10.30 a 12.30 horas.

13 de xaneiro de 2017 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.