publicidade hoxe

A Guarda facilita ferramentas ás familias para a prevención do consumo de drogas e o fomento dun ocio saudable

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

A través de tres charlas, unha por cada centro educativo de secundaria do municipio, mostraranse ferramentas e habilidades que axuden ás familias a tratar estes temas cos fillos/as. As charlas están abertas a toda a comunidade educativa dos centros participantes.

A iniciativa partiu da inquedanza do Concello de traballar de cara a prevención de consumo de drogas, vinculado ademais ao uso das redes sociais polos mozos e mozas como o seu canle de comunicación habitual.

Esta acción educativa está formada por dúas partes: por unha banda está o traballo que realiza a asociación Érguete cos rapaces e rapazas de 1º da ESO dos centros educativos do municipio; e por outra banda o traballo coas familias, que consistirá nestas xornadas didácticas nos centros conducidas por Esteban Figueirido, psicólogo e terapeuta familiar, encargado tamén de conducir outras intervencións como as xornadas do pasado ano sobre escolas de familias.

O martes 31 de xaneiro arrancará a primeira das xornadas, neste caso no colexio San José da Guarda ás 19:30 horas. As seguintes citas serán o día 14 de febreiro nos Somascos e o 28 de marzo no Instituto da Sangriña. Convidamos a  participar a todos os pais, nais, educadores etc. e sacar así o máximo proveito a esta actividade. 

25 de xaneiro de 2017 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.