publicidade hoxe

A Garda Civil investiga a un condutor reincidente que triplicaba a taxa máxima de alcol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO PorriñoSucesos
A-
A+

Efectivos do Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño sorprenderon o pasado fin de semana ao condutor dun turismo que triplicaba a taxa máxima permitida de alcol en aire expirado, cando circulaba acompañado da súa filla, de 12 anos.

O vehículo foi interceptado ás 23:25 horas do pasado venres nun control preventivo de alcol e drogas que se estaba realizando á altura do Km. 3,500 da estrada PO-344, na localidade de Tomiño, arroxando o condutor unhas taxas positivas de 0,85 e 0,79 mgr/litro de alcol en aire expirado, na primeira e segunda proba respectivamente.

Esta persoa, que resultou ser reincidentes neste tipo de infraccións, xa fora condenada por sentenza firme en anos anteriores por feitos similares sen facer o curso de sensibilización e reeducación viaria que dispón a normativa nestes casos, resultando deste xeito condicionada a vixencia do seu permiso de condución.

Os feitos descritos puidesen ser constitutivos dun delito contra a seguridade viaria, ao superarse en ambas as probas a taxa de 0,60 mg/l de alcol, motivo polo cal, procedeuse á inmovilización do turismo e a confeccionar dilixencias penais que serán remitidas ao Xulgado de Garda da localidade de Tui, onde deberá comparecer o condutor en calidade de investigado.

Dentro do mesma orde de actuacións, sinalar que o marco da campaña de intensificación dos servizos impulsada polo Sector de Tráfico de Galicia con motivo das festividades do Nadal, realizáronse na madrugada do día de Reis, varios dispositivos preventivos para a detección de condutores que puidesen circular baixo efectos do alcol ou as drogas.

Estes controis efectuáronse, principalmente, nas localidades de Vigo e Porriño, onde levaron a cabo 220 mostraxes, detectándose catro condutores con taxas positivas de alcoholemia constitutivas de delito, nove de infracción administrativa e tres positivos por presenza de drogas no organismo.

11 de xaneiro de 2017 | 13:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.