publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Garda Civil incáutase dunha partida de roupa falsificada no mercadillo de Moraña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMorañaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Roupa falsificada requisada pola Garda Civil

Roupa falsificada requisada pola Garda Civil

A Garda Civil incautouse de 99 pezas deportivas, presuntamente falsificadas, cando se atopaban dispostas para a venda ao público no mercadillo ambulante da localidade de Moraña.

O pasado xoves os efectivos da Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa, localizaron no habitual mercadillo de Moraña, un posto de venda onde estaban expostas ao público unha partida de camisetas e pantalóns deportivos de diferentes equipos de fútbol. Todas as pezas estaban etiquetadas coas marcas de acreditadas firmas comerciais e dispostas para a venda.

Ao comprobar os compoñentes da patrulla que o responsable do posto ambulante carecía da correspondente factura de compra das pezas, así como da preceptiva autorización das marcas rexistradas afectadas, a Garda Civil procedeu á incautación preventiva de todas as pezas, 59 camisetas e 40 pantalóns, cuxo valor no mercado supera os 7000 €uros.

Ao mesmo tempo, instruíronse dilixencias por un presunto delito contra a propiedade industrial, que foron entregadas no Xulgado de Instrución de garda de Caldas de Reis.

23 de xaneiro de 2017 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.