publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Garda Civil identifica a dous veciños de Portas por suposta vinculación co roubo de material de equitación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaPortasSucesos
A-
A+

O Equipo de Investigación da Compañía da Garda Civil de Villagarcía de Arousa, en colaboración con efectivos do Posto da Garda Civil de Caldas de Reis, procederon á detención de M.A.P.A. e á investigación de R.M.M.,  ambos veciños de Portas, como supostos autores dos delitos de receptación e roubo de material de equitación, respectivamente.

 Ao primeiro deles atribúeselle un delito de receptación por posuír material de equitación de procedencia ilícita mentres que, ao segundo, o cal se atopa actualmente en prisión cumprindo unha condena por feitos similares, atribúeselle un roubo con forza producido no interior dunha leira particular na localidade de Portas.

Os feitos remóntanse ao pasado mes de maio de 2015 cando R.M.M. tras supostamente saltar o muro perimetral e fracturar o cadeado do portal da leira particular sita na localidade de Portas, subtraeu 300 litros de gasoil dun camión, unha bicicleta e unha cadeira de montar marca Don Rodrigo con cabezada, pechopetral e salvacruces, valorado todo isto en 1500 euros aproximadamente.

A Garda Civil conseguiu localizar e posteriormente recuperar parte do material subtraído, tras pescudar que a cadeira marca e os demais aparellos de equitación que foran subtraídos, atopábanse nunha leira particular sita na localidade de Meis e que a mesma se atopaba en poder de M.A.P.A. tamén veciño de Portas, ao que se detivo como suposto autor dun delito de receptación por ter no seu poder material de procedencia ilícita.

As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Garda de Caldas de Reis.

23 de xaneiro de 2017 | 15:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.