publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Garda Civil detén por tráfico de drogas a un veciño de Moaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMoañaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Droga requisada

Droga requisada

A Garda Civil detivo a JL.G.L., de 45 anos, por un presunto delito contra a saúde pública. Desde hai varias semanas viña investigando a este veciño de Moaña, sobre o que recaían fundadas sospeitas de que se dedicaba á venda e distribución de estupefacientes a pequena escala.

O operativo culminou a madrugada do pasado día primeiro cando unha patrulla de seguridade cidadá de Pontevedra, que se atopaba operativa nas zonas de lecer de Moaña, localiza o vehículo desta persoa circulando por unha das céntricas rúas desta localidade. Ao darlle o alto deuse á fuga, conducindo de forma neglixente e manifestamente temeraria polo centro urbano ata que foi interceptado na estrada EP-1101 (Lestón Berducedo).

Ao deter o vehículo procedeuse ao cacheo superficial do condutor que levaba consigo unha pequena cantidade de haxix. A continuación procedeuse ao rexistro do vehículo e atopouse un envase de plástico escondido debaixo dun dos asentos dianteiros,  que contiña  dez envoltorios de diferentes tamaños con 94 doses de cocaína, ademais de 71 €uros en billetes e moeda fraccionaria.

Á vista do resultado do rexistro, os axentes procederon á detención do condutor e á incautación da droga, o diñeiro e o vehículo que conducía.

O arrestado foi posto a disposición da autoridade xudicial acusado de senllos delitos contra a seguridade viaria, por conducir de forma neglixente e temeraria, pondo en risco a seguridade dos demais usuarios da vía, e contra a saúde pública, por tráfico de estupefacientes.

4 de xaneiro de 2017 | 11:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.