publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Garda Civil detén ao presunto autor dun delito de furto de xoias no domicilio da súa ex parella

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortasSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo a un veciño do municipio de Portas,  como suposto autor dun delito de furto de xoias no interior do domicilio da súa ex parella sentimental, na mesma localidade.

Axentes do Equipo de Investigación da Garda Civil de Vilagarcía en colaboración con axentes do Posto da Garda Civil de Caldas de Reis  procederon á detención  dun home de 35 anos, veciño de Portas e que responde as siglas de J.A.S.V.,  como presunto autor dun delito de furto de xoias no interior do domicilio da súa exparella sentimental sito tamén na localidade de  Portas.

A investigación, que levou a cabo o Equipo de Investigación da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa, en colaboración cos efectivos do Posto de Caldas de Reis,  iníciase unha vez teñen coñecemento, pola denunciante, da subtracción no seu domicilio dun total de 38 pezas de xoiaría (36 delas de ouro e 2 de prata), as cales alcanzaban un valor total de 5000 euros. 

Desde un principio os investigadores centraron as súas sospeitas na ex parella da denunciante, posto que, ademais de manter unha relación sentimental con ela, colaborara recentemente na realización dunha reforma na súa vivenda, co cal se lle supuña un acceso fácil a todas as estancias do domicilio e a confianza suficiente cos moradores da mesma.

As sospeitas confirmáronse cando se procedeu ao recoñecemento dos distintos locais de compra venda de ouro da zona e, concretamente nun de Vilagarcía de Arousa, púidose comprobar que realizara a venda dun total de 22 pezas de ouro no mes de setembro e outras 5 pezas máis, tamén de ouro, no mes de decembro. 

As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Instrución  de Garda de Caldas de Reis, onde deberá comparecer o arrestado cando sexa citado.

10 de xaneiro de 2017 | 12:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.