publicidade hoxe

A FIG ABANCA acolleu a rodaxe de varias escenas da serie galega Pazo de Familia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSilleda
A-
A+

A Feira Internacional de Galicia ABANCA acolleu onte e o pasado luns nas súas instalacións a gravación de varias escenas da serie galega Pazo de Familia, a cal se emite con gran éxito na Televisión de Galicia.

Estas imaxes foron rodadas para dous capítulos da sexta tempada da serie, os cales se emitirán no mes de febreiro, e recollen momentos de gran importancia para a súa trama.

Para a súa gravación desprazouse ao recinto feiral un equipo da produtora da serie, que é Central de Telecontenidos. Este estivo composto por máis de 30  persoas, entre eles técnicos, actores, maquilladores, perruqueiros e persoal de produción. 

Localización de ficción 

Esta rodaxe no recinto súmase á da serie El Final del Camino, a cal se levou a cabo entre principios de agosto e finais de novembro do pasado ano (emítese a partir hoxe en TVE e TVG), e perfila ao recinto como unha excelente localización de ficción pola diversidade de espazos que alberga e polas súas dimensións. 

Así mesmo, estas gravacións reflicten a diversificación da actividade que está a realizar a Feira Internacional de Galicia ABANCA, a cal tamén se fixo patente nos últimos meses acollendo novos eventos, como o IV Campionato Galego de Formación Profesional (Galicia Skills), ou organizando novas citas como a Feira da Enerxía de Galicia.

 

 

11 de xaneiro de 2017 | 12:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.