publicidade hoxe

A exposición das “Meninas solidarias” recala no Auditorio Municipal ata o 19 de febreiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A sala de exposicións do Auditorio Municipal acolle a partir desta tarde unha mostra de carácter solidario. Tratase da exposición “As Meninas Solidarias” composta por creacións de 15 artistas da bisbarra e doutras cidades galegas que se poñen á venda co obxecto de recadar fondos para colaborar cos proxectos de trece ONGs. A exposición inaugúrase esta ás 19:00 horas de hoxe coa presenza da concelleira de Cultura, artistas e representantes das entidades sociais.

As “Meninas Solidarias” chegan ao Auditorio despois do sei paso polo Centro Comercial Arousa, promotor da iniciativa coa que a Concellería de Cultura colabora poñendo a disposición do proxecto benéfico as instalacións municipais. A mostra poderá visitarse ata o 19 de febreiro no Auditorio, período durante o que as persoas interesadas poderán realizar as súas poxas pola obra que desexen adquirir. A venta realizarase polo método de subhasta, polo que adxudicaranse ao mellor postor a efectos de conseguir a cantidade máis eleveda de fondos para repartir entre as organizacións sociais.
As poxas poden facerse ata o 31 de marzo a través do teléfono 639 51 44 70 e os cartos da venda de cada obra destinaranse á ONG que elixa o autor.

Despois de Vilagarcía, a mostra trasladarase ao edificio do Arquivo Histórico da deputación Provincial en Pontevedra, onde poderá visitarse durante o mes de marzo.

Os artistas locais que participan nesta primeira ediciónd as meninas Solidarias son Uxío López, Xaquín Chaves, Iñaki Briones e Juan Carlos Platis; aos que se suman os cambadeses Lino Silva, Eduardo Baamonde e Juan Fernando de la Iglesia; os pontevedreses Antón Sobral, Miguel Lubians, Carmen Hermo e Luis González de la Ballina. Tamén participan creadores de Compostela Pedro Ávila, Soledad Pite máis Fernando Yañez, de Lugo e José María Berreiro de Cela, de Bueu.

As ONGs que se beneficiarán desta iniciativa solidaria son Proxecto Home, BATA, TDAH Salnés, Cáritas Vilagarcía, Arousa Solidaria, Club de Leones de Pontevedra, Aldeas Infantiles, Amnistía Internacional, Comedor La Cocina Económica de Santiago, Comedor San Francisco de Pontevedra, Acción Contra el Hambre, ACNUR e Difusión Felina de Pontevedra.

19 de xaneiro de 2017 | 12:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.