publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Pontevedra investiu en Dozón máis de medio millón de euros durante 2016

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDozónPontevedra
A-
A+

Durante o ano 2016 a Deputación de Pontevedra destinou a Dozón un total de 516.012,23 €, unha media de 466,14 euros por habitante. Deles, 365.054,21 € correspondéronse co Plan Concellos 2016, cun 23,1 % máis de fondos (68.527,41 €) que os que recibiu en 2015. Ademais, a institución provincial investiu 36.000 € en mobilidade, 37.000 € en cohesión social e xuventude e 900 € para a igualdade entre mulleres e homes.

Dos 365.054,21 € que corresponderon ao Plan Concellos 2016, Dozón recibiu, a través da liña 1, un total de 332.762,27 €, que destinou á pavimentación e ao acondicionamento de camiños e de rúas, á formación de cunetas e a obras de canalización en diversos lugares da vila: As Maceiras, Chousa do Carril, Sanguiñedo, O Foxo, Requeixo, Pereiró, Vilarello, Sestos, Val de Extremeira, Cruz do Monte, A Corredoira, Barrio, Moi, O Castro e Piñeiro. Ademais, grazas á liña 4, creáronse 11 postos de traballo nos servizos municipais, cun investimento de 23.001 €.

Á marxe do Plan Concellos 2016, Dozón recibiu 50.000 € na convocatoria de préstamos sen xuros para os concellos da provincia cunha poboación inferior aos 50.000 habitantes. O concello recibiu outros 37.407,57 € da área de Cohesión Social e Xuventude, ben a través dos servizos sociais comunitarios municipais (entre eles o servizo de axuda no fogar) e as axudas básicas de emerxencia ou ben mediante o programa “Depo Aventura A Lanzada”, no que participou un cativo ou cativa do concello.

Do mesmo xeito, Dozón recibiu 889,35 € en igualdade, a través do programa “Conectadas 2016″ (que permitiu que a Asociación de Mulleres Rurais Pena de Francia impartise un obradoiro de traballos en tea, coiro, madeira e outros materiais), e, ademais, outros 36.301,41 € destináronse a mobilidade, en concreto ás obras de sinalización horizontal nas vías provinciais.

De cara a este ano 2017 a institución provincial investirá no concello de Dozón, soamente no que se refire ao Plan Concellos, a cantidade de 355.747,31 euros. Ademais, o concello recibirá outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da Deputación de Pontevedra, ás que a vila poderá concorrer.

4 de xaneiro de 2017 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.