publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación da Coruña financia con 230.000 euros a rehabilitación de infraestruturas en Malpica de Bergantiños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaMalpica de Bergantiños
A-
A+

A Deputación da Coruña, a través do Plan Social (PAS), financia con 229.675 euros, as obras de mantemento e rehabilitación dos parques infantís de Milladoiro e Beo, do Centro Cívico Ventorrillo e contempla ademais, a mellora das infrestruturas nos lugares de Sorrio, Cancela de Areas, entre outros, todos eles pertencentes ao concello de Malpica de Bergantiños.

Melloras nos parques infantís de Milladoiro e Bea

As obras de reparación e mantemento do Centro Cívico de Ventorrillo, financiadas con 54.142 euros, abarcan a sustitución dos aleiróns da cuberta por chapa de aluminio e dos ventanais esteriores e interiores da planta baixa por outros novos con ponte térmica. Ademais, na fachada, colócanse paneis de aluminio, coa fin de paliar os problemas de humidade existentes.

No tocante aos traballos que se desenvolverán nos parques infantís de Milladoiro e Beo, de recente adxudicación, por valor de 39.800 euros, contemplan a eliminación de barreiras arquitectónicas, a mellora do pavimento, a demolición dun bordillo, e a sustitución e restauración dalgúns xogos infantís, como tobogáns e balancíns, entre outros.

Acondicionamento de camiños en Sorrio e Cancela de Areas

O proxecto tamén inclúe a mellora das infraestruturas en varios lugares do municipio como no lugar de Sorrio, dotadas con 59.386,26 euros, onde se procederá a acondicionar os camiños, por medio da demolición dun muro para permitir o xiro de vehículos, a limpeza de cunetas, a instalación da nova rede de augas pluviais e a pavimentación asfáltica e de adoquín, que axudará a mellorar a circulación tanto dos veciños como dos vehículos.
En Cancela de Areas, na parroquia de Seaya, os traballos centraranse na demolición de peches de fincas, desbroce e limpeza das marxes da pista e nivelarase o terreo para que acade a mesma cota do pavimento. Unha actuación para a que se destinarán 33.11, 65 euros.

Ademais, nas rúas Mouróns, Piñeiro (Buño) e no lugar de Mens, acometeranse as obras de acondicionamento das calzadas coa renovación do pavimento, o ensanchamento de certos tramos que arestora dificultan a circulación, así como a sustitución da rede de saneamento para recollida de augas pluviais. Os traballos, están dotados cunha partida orzamentaria de 43.235,53 euros.

A demanda sobre a mellora da seguridade do alumeado público nas parroquias de Buño, Cambre, Cerqueda e Leiloio, será tamén obxecto desta intervención, para que se destinan 90.816,19 euros, e que inclúen a reforma do alumeado adaptándoo ao cumprimeno da normativa vixente, a través da sustitución dos centros de mando actuais por outros novos.

Estas accións, incluídas dentro do Plan de Acción Social (PAS), posto en marcha pola Deputación, amosa o seu compromiso cos núcleos rurais dos concellos, que buscan facilitar as comunicacións viarias aos veciños nos lugares da contorna, mellorando así as súas condicións de vida.

12 de xaneiro de 2017 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.