publicidade hoxe

A Aula da Natureza organiza unha visita guiada ao espazo natural de Razo–Baldaio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

A Concellaría de Medio Ambiente, a través da Aula da Natureza, organizou para o domingo, 5 de xaneiro, unha visita guiada ao espazo natural de Razo – Baldaio con motivo do Día Mundial dos Humedais, que se conmemora este xoves 2 de febreiro. Trátase dunha actividade gratuíta, que se desenvolverá entre as 9:45 e as 18:30 horas, aproximadamente. Ofértanse 55 prazas (a actividade non se realizará, se non se chega ao 25 participantes) para todos os públicos. Para solicitar información e inscribirse hai que chamar ao número de teléfono 660 004 665 ou enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal

Baixo o lema Humedais para a redución do risco de desastres, o Concello de Ames organiza unha visita guiada ao espazo natural de Razo – Baldaio con motivo do Día Mundial dos Humedais. A través desta actividade realizarase unha observación ornitolóxica e da flora e fauna da lagoa, así como diversas actividades de xeoloxía.

Un autobús recollerá, o domingo 5 de febreiro, ás persoas inscritas nesta actividade, ás 9:45 na Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10:00 na praza do Concello, en Bertamiráns. De seguido, ás 11:00 horas, realizarase unha observación ornitolóxica na praia de Baldaio. Esta actividade estará dirixida polos ornitólogos Antón e Anxo Gende. Tras esta observación, ás 12:30 horas, desenvolverase unha ruta interpretativa da lagoa.

Ás 14:30 horas farase unha parada para comer. Os participantes terán que levar a comida da casa e comerase no comedor da escola de surf artsurfcamp. Posteriormente, impartirase unha charla ornitolóxica que será impartida por Antón Gende Barbeito. Ao remate desta charla, emprenderase a viaxe de regreso a Ames, estando prevista a chegada para as 18:30 horas aproximadamente.

Trátase dunha actividade gratuíta, que se desenvolverá entre as 9:45 e as 18:30 horas, aproximadamente. Ofértanse 55 prazas (a actividade non se realizará, se non se chega ao 25 participantes) para todos os públicos. Para solicitar información e inscribirse hai que chamar ao número de teléfono 660 004 665 ou enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal

31 de xaneiro de 2017 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.