publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Área Panorámica de Tui acollerá o 14 e 15 de xaneiro a II Mostra da Camelia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

A Sala de Exposicións Municipal de Tui, no edificio da Área Panorámica, acollerá o sábado 14 e o domingo 15 de xaneiro a II Mostra da Camelia Cidade de Tui organizada polo concello de Tui coa colaboración dun grupo de persoas amantes da camelia coma son Mª José Fernández, Fernando Da Costa, José Carlos Montes e Antonio Luís Montes, así coma da Deputación de Pontevedra e da Sociedade Española da Camelia.

Ata o próximo luns día 9 está aberto o prazo de inscrición para todos aqueles que desexen participar amosando os seus exemplares, flores, ou centros para o que o deben pórse en contacto co 666 837 501, 667 911 477 ou 649 899 544 comunicando os seus datos e tamaño da mesa de exposición que coma máximo será de 4 metros cadrados.

A inauguración da Mostra terá lugar o sábado ás 12.30h e poderá visitarse o sábado de 16.30h a 20.30h e o domingo de 10 a 14h e de 16 a 20h. A I Mostra da Camelia Cidade de Tui celebra hai un ano fora todo un éxito tanto no que se refire á exposición de flores, centros, e produtos relacionados coa camelia coma en asistencia de público.

A Camelia adorna espazos públicos de Tui

Dende hai unhas semanas trinta e cincoexemplares de camelias locen en distintos espazos públicos de Tui tras ser doados por uns particulares, Mª José Fernández Castiñeira e Fernando Da Costa, ao concello. En concreto parte das camelias plantáronse nos novos maceteiros distribuídos polo casco urbano, e outros de maior tamaño na área de autocaravanas na rúa Martínez Padín.  Dende o Concello quérese agradecer a este participar a doazón realizada, ao tempo que solicitan a colaboración cidadá no coidado e respecto desta plantas. 

5 de xaneiro de 2017 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.