publicidade hoxe

Xunta e Concello de Carnota colaboran para reactivar a tramitación do Plan Xeral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarnotaLocal Portada
A-
A+
Encarnación Rivas na reunión co rexedor de Carnota

Encarnación Rivas na reunión co rexedor de Carnota

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas Díaz, trasladoulle esta mañá ao alcalde de Carnota, Ramón Noceda Caamaño, a necesidade de reiniciar a tramitación da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, dado que a aprobación inicial do PXOM non se produciu antes da entrada en vigor da nova Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Ao mesmo tempo, trasladoulle a colaboración do seu departamento para que este concello retome e reactive a tramitación do Plan Xeral canto antes. Así, llo manifestou durante unha reunión que a representante da Consellería de Medio Ambiente mantivo co rexedor municipal, celebrada esta mañá en Santiago.

O Concello de Carnota contratou en marzo de 2010 a redacción dun novo PXOM, que substituirá ás Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal vixentes dende xuño de 1996, que tiveron catro modificacións puntuais. En agosto de 2014, emitírase o informe previo á aprobación inicial do PXOM, pero non chegou a ser sometido á aprobación inicial do Pleno do Concello.

Rivas Díaz recordou que o apoio da Xunta se completa coa achega concedida para a redacción do PXOM de preto de 125.000 euros, téndose xa aboado ao concello dúas fases por un importe de 48.000 euros. Por último, sinalou que o PXOM é o documento que debe recoller o modelo de ordenación que planificará o desenvolvemento de Carnota, polo que lle ofreceu todo ao apoio técnico para que, tanto os técnicos municipais como o equipo redactor, os avances neste documento sexan os correctos e o Concello de Carnota se sume ao listado de municipios que xa teñen un planeamento en vigor e con seguridade legal.

20 de decembro de 2016 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.