publicidade hoxe

Unha muller ferida ao ser atropelada cando tomaba un café na terraza dun bar en Mugardos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMugardosSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha muller resultou ferida ao ser atropelada por un turismo cando tomaba un café na terraza dun céntrico bar no termo municipal de Mugardos (A Coruña).

Segundo informou o 112 Galicia, a vítima do atropelo estaba sentada na terraza do establecemento cando foi alcanzada por un coche, pero o seu estado non reviste gravidade.

O atropelo produciuse na rúa de San Telmo, xusto en fronte da igrexa de San Xiao sobre as 20,15 horas do mércores, segundo lle indicou Urxencias Sanitarias ao 112 Galicia.

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias alertou do atropelo os Bombeiros de Ferrol e o GES de Mugardos. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil e da Policía Local.

1 de decembro de 2016 | 10:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.