publicidade hoxe

Turismo de Galicia inaugura en Fene a mostra fotográfica sobre as rutas xacobeas ‘Via Iacobitana’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Salón de Pleno do concello de Fene acolle dende hoxe ata o próximo 30 de decembro a exposición ‘Via Iacobitana’, unha colección de 50 fotografías sobre as Rutas Xacobeas realizadas polos fotógrafos galegos Tino Diz e Luis Gabú.

A celebración da exposición é froito do convenio de colaboración asinado por Turismo de Galicia e Viaqua no marco do cal visitou xa outras cidades de Galicia como Santiago ou Ourense para amosar o Camiño dende unha perspectiva artística contemporánea.

Os fotógrafos galegos convertéronse en peregrinos para plasmar a súa visión particular e as sensacións que lles suxire a experiencia xacobea.

A través destas imaxes, contémplanse diversos itinerarios en diferentes épocas do ano, as súas variadas paisaxes, os romeiros, os veciños e o patrimonio cultural que atesouran dende a óptica persoal dos autores o cal lle imprime personalidade.

Con esta mostra aumentase, así, o legado iconográfico xacobeo existente e tamén lograse perpetuar no tempo os instantes da Ruta e as vivencias dos que a realizan, así como poñer en valor o labor de grandes profesionais galegos.

Así, coas imaxes propostas na mostra evidénciase a multiforme esencia do Camiño de Santiago, o sentido xeneroso e aberto da peregrinación xacobea, así como, o seu inesgotable poder de atracción. A exposición está aberta ao público de luns a venres de 8:00 a 14:00 horas.

2 de decembro de 2016 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.