publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Tres varóns detidos por roubar en seis establecementos de hostalaría en Culleredo, Carral e Cambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCambreCarralCulleredoLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Axentes da Garda Civil dos municipios coruñeses de Cambre e Carral detiveron tres varóns acusados de roubar en seis establecementos hostaleiros de tres localidades da provincia de A Coruña.

Segundo informou o Instituto Armado, o xoves foron detidos M.J.S.M., J.R.C.M. e C.S.V. como presuntos autores dun delito continuado de roubo con forza en establecementos de hostalaría nos municipios coruñerses de Culleredo, Carral e Cambre.

Na madrugada do xoves axentes da Garda Civil de Cambre e Carral procederon á detención de tres varóns que supostamente accederan con forza ao interior de seis establecementos de hostalaría coa intención de roubar.

Os detidos iniciaron unha fuxida a bordo dun Opel Astra no último lugar que asaltaron, Castelo-Culleredo, ante a presenza dos axentes que se trasladaran ata ese punto.

Na detención, que se levou a cabo ao pouco de iniciarse a fuxida, intervéuselles ferramentas e efectos que utilizaban para entrar nos establecementos. A Garda Civil de Culleredo encargouse de instruír as dilixencias que foron postas a disposición do xulgado de Instrución de garda da Coruña.

9 de decembro de 2016 | 16:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.