publicidade hoxe

Sométese a información pública o proxecto de construción dun itinerario peonil e a mellora dunha intersección na estrada AC-840, en Curtis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o inicio do trámite de información pública do proxecto de construción dun itinerario peonil e a reforma dunha intersección na estrada AC-840, en Curtis, que se inicia en Betanzos (AC-542), a ta o límite provincial en Agolada (N-640).

De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Estradas de Galicia, o proxecto sométese a información pública durante trinta días hábiles para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular as observacións relativas á concepción global do trazado deseñado. O prazo para presentación de alegacións abranguerá do 7 de decembro ao 19 de xaneiro.

Executarase unha senda peonil na marxe dereita da AC-840, que terá unha lonxitude de 1.734 metros, no tramo comprendido entre o PQ 20+190 (en Alto da Espeniña) e o 21+910 (intersección coa estrada autonómica AC-230 en Curtis).

A sección tipo consta dunha senda de 1,8 metros de ancho mínimo, de formigón tintado e separada da calzada por unha zona axardinada de 0,5 metros mais a cuneta de seguridade onde sexa precisa.

Como obras complementarias, mellorarase a intersección coa estrada ao cemiterio (PQ 21+240) e executaranse dous muros de contención.

5 de decembro de 2016 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.