publicidade hoxe

Redondela recibirá preto de 1.200.000 euros do Plan Concellos, un 4% máis de recursos que este ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraRedondela
A-
A+

A Deputación de Pontevedra achegaralle o vindeiro ano 2017 un 4 % máis de recursos ao Concello de Redondela no marco do Plan Concellos. Deste xeito, a vila recibirá un total de 1.160.108,35 € do Plan Concellos 2017, 39.997,04 euros máis que este ano, o que representa un 3,57 % máis de recursos que en 2016, ano no que xa tivo un 9,4 % de incremento respecto a 2015 (o que se traduciu en 96.550,66 € máis). Á marxe do Plan Concellos, Redondela recibirá o vindeiro ano outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da Deputación de Pontevedra, ás que o Concello poderá concorrer.

Investimentos totais durante 2016

Durante 2016 a Deputación de Pontevedra destinou a Redondela un total de 1.383.886,73 euros, dos que 1.120.111,31 € se corresponderon co Plan Concellos 2016. Ademais, a institución provincial investiu 127.000 € en mobilidade, 29.000 € en cohesión social e xuventude, 80.000 € en cultura e lingua, 59.000€ para o fomento do emprego, 17.000 € para o impulso do deporte, 8.000 € en medio ambiente e outros 4.000 € para a igualdade entre mulleres e homes.

En concreto, a través da liña 1 do Plan Concellos investíronse 664.243,71 € para melloras dos saneamentos na rúa da Rabadeira, no camiño da Devesa, na zona de Valos, no lugar de Saramagoso e no lugar de Anselle de Abaixo. Ademais, 168.016,70 € destináronse ao pagamento de gastos correntes na liña 2; outros 40.000 €, na liña 3, destináronse ao Corpus Christi e á Festa da Coca; e, grazas á liña 4, creáronse 27 postos de traballo nos servizos municipais, cun investimento de 247.850,90 €.

Á marxe do Plan Concellos 2016, Redondela recibiu 80.185,07 € para o fomento da cultura e a lingua na vila, con 80 actuacións do Pontegal e do Ano Castelao, así como para axudas á rehabilitación e á sinalización do patrimonio histórico-cultural e a memoria histórica, e axudas á dinamización lingüística. Tamén se destinaron 28.784,46 € para cohesión social e xuventude, ben a través dos servizos sociais especializados ou ben mediante os programas “En ruta coa Depo”, “Depo en marcha”, “Depotermal” (con 114 solicitudes) e”Depo Aventura A Lanzada”, no que participaron 65 nenas e nenos do concello.

Do mesmo xeito, Redondela recibiu 116.947,10 € para o deporte federado de base, a Copa de Fútbol Deputación de Pontevedra, as axudas aos clubs náuticos, diversas actividades deportivas, a participación en ligas e competicións oficiais e as sete DEPOrte Escolas de balonmán (seis) e judo, así como 58.937,28 € para o fomento do emprego a través dos plans de práctica laboral, que permiten que catro persoas estean a desenvolver a súa primeira experiencia laboral no Concello de Redondela e outras dúas máis no tecido empresarial da vila.

Tamén se achegaron 4.446,75 € para o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a través do programa “Conectadas 2016”; 8.298,52 € en medio ambiente, mediante axudas ás confrarías de pescadoras e pescadores; e outros 126.821,19 € en materia de mobilidade, en concreto para o Plan Móvese e as obras de sinalización horizontal nas vías provinciais.

30 de decembro de 2016 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.