publicidade hoxe

Rammstein, Rancid e Dropkick Murphys, primeiras confirmacións do ‘Resurrection Fest’ de Viveiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaViveiro
A-
A+
Europa Press

Rammstein, Rancid e Dropkick Murphys atópanse entre as primeiras confirmacións que anunciou o festival ‘Resurrection Fest’ de Viveiro (Lugo), que o ano que vén se celebrará entre os días 5 e 8 de xullo.

A organización da cita avanzou dende o mediodía a través das redes sociais a metade do cartel para 2017, no que figuran, ademais, bandas como Airbourne, Suicidal Tendencies, Arch Enemy, Agnostic Front, Mayhem, Eluveitie, Architects, Red Fang, Comeback Kid e Napalm Death.

“Este ano conseguimos superarnos aínda máis e traer a unha das maiores bandas do planeta, das máis pedidas ao longo destes anos, e virá encabezando o festival nunha data única en España e Portugal en 2017”, destacan os organizadores.

Así, dos alemáns Rammstein, auguran que levarán a Viveiro “o mellor directo do mundo, un espectáculo completo cheo de toda a súa pirotecnia e escenografía ao que ningún fan do metal da Península pode faltar”.

OUTRAS CONFIRMACIÓNS

Animals As Leaders, Terror, The Bouncing Souls, Orange Goblin, Snapcase, Korpiklaani, Pentagram, Warbringer, The Devil Wears Prada, Truckfighters, The Black Dahlia Murder, Deez Nuts, The Vintage Caravan, Lost Society e Alcest son outros dos grupos confirmados.

Ademais, estarán en Viveiro o próximo mes de xullo Northlane, Karma To Burn, All Out War, Taake, Bury Tomorrow, Wisdom In Chains, Conan, Lords of Black, Wolf Down, Mantar, D.Y.S., Benighted, Adrift, Besta, Malevolence, Stray Train, Noctem, Vita Imana e Bastards.

Os anuncios deste xoves complétanse con Guerrera, Legacy of Brutality, Reality Slap, Böira, Mutant, The Inspector Cluzo, CRIM, Killus, Morphium, Trashnos, The Blackjaw, El Altar del Holocausto, Teething, Bala, Tragic Vision, Brothers Till We Die e One For Apocalypse.

1 de decembro de 2016 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.