publicidade hoxe

Publícase no DOG a transferencia a prol do concello do Irixo da estrada OU-223, que dá acceso á estación de ferrocarril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO IrixoOurense
A-
A+

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do cambio de titularidade de todo o dominio público da estrada OU-223 (OU-902-Estación do Irixo) dende o p.q. 0+000 a 1+010, a prol do Concello do Irixo. Para obter máis información debese consultar este enlace.

A estrada, que ten unha lonxitude de 0,97 quilómetros, iníciase no núcleo de Abanico, na intersección coa OU-902 (Lalín-O Carballiño) e finaliza na estación de ferrocarril do Irixo. Rexistra un tráfico de tipo local, de acceso ás vivendas existentes ou á estación, e non ten funcionalidade na rede autonómica de estradas.

Co cambio de titularidade, o Concello do Irixo poderá actuar sobre estes viais, que pasan a ser de titularidade municipal, de modo acorde coas súas características urbanas, e xa non serán de aplicación as restricións da normativa autonómica de estradas, como por exemplo as limitacións de usos ou actividades nas súas marxes ou os accesos, e reducirá as cargas administrativas sobre os cidadáns dos núcleos polos que discorre.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da comunidade autónoma e das entidades locais.

O cambio de titularidade será efectivo a partir de mañá, día 23 de decembro. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Corresponderanlle ao Concello do Irixo, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

22 de decembro de 2016 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.