publicidade hoxe

Permanece activo un incendio forestal na parroquia de Casaio, en Carballeda de Valdeorras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballeda de Valdeorras
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Casaio.

O lume comezou esta mañá ás 08:40 horas e permanece activo arestora. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 20 hectáreas. No seu control están traballando 2 axentes, 2 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

28 de decembro de 2016 | 17:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.