publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os investigadores non dan “veracidade” ao mail coa sinatura “Diana Quer” no que se asegura que estaba fóra de España

Europa Press

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, asegurou que, tras ser investigado, “se descartou a veracidade” do correo electrónico recibido coa sinatura “Diana Quer”, a moza madrileña desaparecida a finais de agosto na localidade da Pobra do Caramiñal (A Coruña).

En declaracións aos medios con motivo da súa participación no acto conmemorativo da Constitución na Delegación do Goberno, Santiago Villanueva afirmou que “non se atribúe que sexa veraz” o correo electrónico que recibiu SOS Desaparecidos coa sinatura “Diana Quer” que dicía que está “fóra de España”.

Villanueva indicou que, ao mesmo tempo que este mail, estanse a recibir “continuas chamadas de cidadáns” que cren ver á moza nalgún lugar e que coinciden no tempo con outra que tamén a vira noutro lugar de España ese mesmo día.

“Xa se investigou o correo, pero descartouse”, asegurou o delegado do Goberno, que asegura nesta investigación seguen “tódalas hipóteses abertas”, pero o mail xa se descartou porque non se atribúe que sexa “veraz”.

“Segue aberta a investigación en todas as frontes e séguese traballando na análise do móbil e volvendo retomar a toma de testemuños”, explicou Villanueva, que recorda que a Garda Civil segue traballando neste caso que “segue evolucionado”.

Neste sentido, sinalou que os investigadores “continúan buscando” probas que poidan axudar a resolver a desaparición desta moza, pero recoñece que se trata dunha caso “moi complexo” e “difícil de resolver”. “Non hai ningún avance que se poida trasladar e que sexa reseñable”, engade.

DESAPARECIDO EN BAIONA

Á marxe disto, en relación ao caso de Iván Durán Valverde, o home desaparecido a finais de agosto na localidade pontevedresa de Baiona, o delegado do Goberno manifestou que se trata dun caso “diferente” ao de Diana Quer, xa que “o inicio da desaparición viña acompañado dunha nota que dicía que se ía ir”.

En calquera caso, Villanueva subliñou que “calquera desaparecido unha vez se constata que desapareceu introdúcese na base de datos e os corpos policiais seguen buscándoo”.

5 de decembro de 2016 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.