publicidade hoxe

O Refuxio de Animais de Santiago recibe o impulso da Deputación con 28.600 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaSantiago de CompostelaTeoVedra
A-
A+

A Deputación da Coruña vén de asinar un convenio de colaboración coa Fundación Refuxio de Animais de Santiago de Compostela. A institución provincial achega 28.679 euros á entidade, cos que se sufragan o 80% dos gastos de funcionamento do refuxio municipal que da servizo ao concello de Santiago de Compostela e a municipios da súa área de influencia coma Teo e Vedra.

A través deste convenio, apóianse as labores de recollida e atención aos animais abandonados, ademais de actividades de coordinación, docencia, investigación e asesoramento aos propietarios de animais domésticos e salvaxes en catividade. A achega da Deputación comprende os custos da alimentación e medicamentos dos animais acollidos no refuxio.

Con esta colaboración, a Deputación quere fomentar a labor da Fundación Refuxio de Animais de Santiago de Compostela, que promove a seguridade dos animais, actuando contra o abandono de mascotas e incrementando o número de adopcións.

28 de decembro de 2016 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.