publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Festival da Luz entrega máis de 100.000 euros á ONG Oxfam Intermon

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBoimortoPortada esquerda
A-
A+
Luz Casal no acto de entrega do talón a Oxfam Intermon

Luz Casal no acto de entrega do talón a Oxfam Intermon

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou hoxe na Coruña, xunto á artista Luz Casal, a alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, e a representantes doutras entidades patrocinadoras e colaboradoras do Festival da Luz, no acto de entrega á organización Oxfam Intermon dun talón cos fondos recadados no Festival da Luz, que nesta 5ª edición acadou a cifra récord de 101.221 euros, que a ONG destinará á atención aos refuxiados.

No acto, organizado na sede da Fundación Paideia na cidade herculina e protagonizado pola cantante Luz Casal, González Formoso quixo destacar a importancia dun evento que se está a converter nun referente musical e cultural en Galicia sendo “algo máis que un festival” e que representa “unha gran oportunidade para o mundo rural”.

Formoso expresou asimesmo o compromiso da Deputación para continuar apoiando un certame que contribúa a situar á provincia da Coruña como referente cultural e solidario.

Ao longo das súas cinco edicións, o Festival da Luz contou coa actuación de 132 artistas e recadou máis de 240.000 euros, que o consolidan na escena festivaleira como un espectáculo único. Dende a Deputación, González Formoso resaltou o grande esforzo dos organizadores “que lle poñen cabeza e corazón” para realizar cada ano este evento de carácter solidario.

Os promotores do festival mostraron a súa ilusión de continuar ofrecendo un festival que fusione a calidade do seu cartel artístico con propostas innovadoras e actividades como o Mercado da Luz, que axudan a pór en valor os produtos autóctonos. Un compromiso social con Galicia a todos os niveis que conta coa apoio da Deputación da Coruña.

16 de decembro de 2016 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.