publicidade hoxe

O DOG publica a aprobación do expediente de información pública e o proxecto de construción dun itinerario peonil e ciclista na AC-429, entre Neaño-Cabana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCabana de Bergantiños
A-
A+

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción dun itinerario peonil e ciclista na AC-429, treito Neaño-Cabana, concretamente, entre os puntos quilométricos 2+176 e 3+740, ao dseu paso polo Concello coruñés de Cabana de Bergantiños. O orzamento base de licitación do proxecto de construción supera os 350.000 de euros, que aportará a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, para obter máis detalles pódese consultar a seguinte ligazón.

Coa construción desta senda haberá un camiño peonil continuo nesta estrada, de 6,8 quilómetros, dado que o vial xa conta con sendas desde seu inicio en Ponteceso ata Neaño (2,17 km) e dende A Cabana ata Taboido (3,09 km).

O Decreto de Utilidade Pública, que foi aprobado polo Consello da Xunta a semana pasada, supón as expropiacións das 28 fincas, que terán un investimento de algo máis de 48.000 de euros, necesarias para a execución dunha senda para uso peonil e ciclista na estrada AC-429 (Ponteceso–Laxe), que permitirá comunicar Neaño con A Carballa, núcleos que contan xa con beirarrúas.

O levantamento de actas previas e a licitación do contrato de obras previsen tamén para principios do ano 2017.

A senda, que terá unha lonxitude de 1.564 metros, desenvolverase no Concello de Cabana de Bergantiños. Executarase en formigón, pola marxe esquerda da estrada desde o punto quilométrico 2+176 (intersección coa DP-1406 a Cesullas situada no núcleo de Neaño) ata o 3+565, lugar no que existe un paso inferior que se utilizará para cruzar a estrada; desde ese punto, pola falta de espazo na marxe esquerda, a senda continua pola marxe dereita da estrada ata o p.q. 3+740 (entrada en A Carballa), aproveitando o camiño existente ao pe do noiro.

A sección tipo terá, salvo en puntos localizados nos que as edificacións existentes non o permitan, un ancho mínimo de 2,0 m e contará nos tramos nos que é posible cunha banda vexetal de separación da calzada de 0,5 m. Para acadar esta sección e dotar ao treito dunha solución homoxénea, será demolida a senda existente nalgúns subtramos, de ancho reducido. En dous tramos, a senda executarase sobre o antigo trazado da AC-429 para minimizar as afeccións.

Antecedentes

No ano 2015 a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) redactou o “Estudo para fomento da mobilidade sostible: Sendas peonís e/ou ciclistas na comarca de Bergantiños” no que se identificaron como prioritarios 7 treitos de actuación nesta comarca.

Trala súa finalización comezouse coa redacción dos proxectos destes once treitos, que foron definidos ou se están a definir en 7 proxectos de construción. Como resultado, a Axencia Galega de Infraestruturas executará cerca de 11 quilómetros de novas sendas na Comarca de Bergantiños, cun orzamento que supera os 5 M de euros.

A consellería de Infraestruturas e Vivenda ten previsto acometer as obras nos próximos catro anos, e conta para elo co financiamento asegurado ao terse incluído no programa operativo de Galicia dos fondos europeos FEDER para o período 2014 -2020:

-Os contratos para a execución de dúas sendas (Carballo a Bértoa e Xornes a Buño e Canta la Rana) xa foron licitados pola AXI no pasado mes de setembro.

-O terceiro dos proxectos é o “Itinerario peonil e ciclista na AC-429. Treito Neaño – Cabana. p.q. 2+176 – 3+740”.

-Tamén se licitará nos próximos días o contrato para a execución dunha senda entre Paiosaco e A Laracha, que non precisa de expropiacións.

-Os tres restantes proxectos están en avanzada fase de redacción.

19 de decembro de 2016 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.