publicidade hoxe

O Centro de Interpretación do Camiño do Norte estrea nova ubicación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoMondoñedo
A-
A+
Nova sede do Centro Cultural Alcántara de Mondoñedo

Nova sede do Centro Cultural Alcántara de Mondoñedo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, visitaron hoxe o Centro de Interpretación do Camiño do Norte que goza de nova sede, o Centro Centro Cultural Alcántara de Mondoñedo.

Durante a visita, Nava Castro destacou que esta nova ubicación achega este importante equipamento e facilita o acceso a súa información aos seus principais destinatarios, os peregrinos, ao estar situado fisicamente no propio trazado do Camiño Norte, xunto ao albergue de peregrinos.

Neste senso, a responsable de Turismo da Xunta tamén salientou que nesta nova sede comparte, ademais, espazo cunha exposición permanente sobre mindonienses ilustres do concello de Mondoñedo o que evidencia unha vez máis a aposta de Turismo de Galicia pola colaboración interadministrativa, segundo explicou.

Nava Castro sinalou que esta intervención de traslado e adaptación do Centro ao novo espazo museístico supuxo un investimento de en torno os 40.000 euros e constitúe unha das accións incluídas no Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago o cal dedica este ano 2016 ao Camiño do Norte e Primitivo. “Así, estanse a priorizar as iniciativas destas dúas rutas xacobeas contempladas neste pioneiro plan avanzando no proceso de ordenación, regulación e posta en valor destes itinerarios”, afirmou.

Forte crecemento

Por outra parte, a directora de Turismo de Galicia fixo referencia á importancia do recoñecemento da UNESCO de engadir na Lista de Patrimonio Mundial o ben “Os Camiños de Santiago do Norte Peninsular” o pasado ano, o cal, segundo sinalou, supuxo un novo pulo tanto para o Camiño do Norte como para o Camiño Primitivo.

Deste xeito, a Ruta Xacobea do Norte ten cada vez mais adeptos seguindo unha forte progresión ascendente no seu número de peregrinos acollendo no que vai de ano un total de 17.200 peregrinos, o que supón un incremento de máis do 9% en relación ao mesmo período do ano anterior e consolidándose, así, como a terceira Ruta Xacobea máis transitada, só por detrás do Camiño Francés e Portugués.

Centros de Interpretación

Xunto a este Centro de Interpretación do Camiño do Norte en Mondoñedo, que no que vai de ano recibiu un total de 4.297 visitas, Turismo de Galicia dispón na actualidade doutro Centro de Interpretación no Camiño Primitivo, ubicado en Lugo, e dous puntos de información no Cebreiro e no Centro Internacional de Acollida aos Peregrinos situado na rúa Carretas de Santiago de Compostela.

A función destes centros é ofrecer apoio, información e contidos complementarios ao peregrino para axudarlle a comprender e coñecer dende diversas ópticas o Camiño de Santiago, en xeral, e a ruta concreta na que se atopan, en particular.

7 de decembro de 2016 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.