publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Rural impulsa labores de limpeza de 10.000 hectáreas de monte na provincia de Lugo nos últimos meses

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastro de ReiLugo
A-
A+
Balseiros na visita a Castro de Rei

Balseiros na visita a Castro de Rei

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, desprazouse a Castro de Rei para comprobar os labores de desbroce e limpeza de masa forestal que está a desenvolver na zona a Consellería do Medio Rural.

O delegado subliñou que nos últimos meses a Consellería leva propiciado o acondicionamento de preto de 10.000 hectáreas de monte na provincia, por xestión directa, a través das brigadas de Seaga ou ben mediante convenios cos concellos ou coas comunidades de montes.

“Isto significa -afirmou Balseiro- un investimento de máis de 2.733.000 euros, un esforzo inversor que se xustifica porque é unha medida preventiva de cara aos lumes do verán e porque é o xeito de ter os montes nas mellores condicións para desenvolver unha explotación sustentable que xere beneficios aos propietarios”.

O delegado indicou que se realizan tarefas de desbroce “en toda a provincia, xa que temos medios propios despregados por todo o territorio durante todo o ano, pero ademais actuamos en colaboración cos concellos e cos propietarios dos montes”. Neste sentido, sinalou que “o interese das comunidades de montes por estas actuacións da Xunta demostran a concienciación dos veciños e veciñas do rural polo coidado do monte”.

Balseiro subliñou a aposta da Xunta de Galicia “polo aproveitamento do potencial do sector forestal galego, loitando por reducir o número de incendi os a través de políticas de prevención e de valorización do monte”.

Na mesma liña, apuntou á necesidade de “fomentar unha xestión que xere riqueza dende o punto de vista socioeconómico e ambiental” e engadiu que “o sector forestal pode axudar en gran medida, como produtor de rendas, a fixar poboación no medio rural”.

Durante a visita a Castro de Rei, o delegado estivo acompañado polo alcalde do municipio, Francisco Balado, e por persoal do distrito número X da Terra Chá da Consellería do Medio Rural.

16 de decembro de 2016 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.