publicidade hoxe

Medio Ambiente investiu 300.000 euros en distintas actuacións de mellora do Parque natural de Corrubedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRiveira
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investiu este ano preto de 300,000 euros en distintas actuacións de mantemento e conservación do Parque natural complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Entre outras medida, destacou a monitorización da ornitofauna ameazada, o monitoreo da herpetofauna ou o seguimento da calidade dos humedais Ramsar.

Así o comunicou hoxe a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, durante a súa participación na reunión ordinaria da xunta consultiva deste espazo natural, que tivo lugar no centro de interpretación da natureza “Casa da Costa”.

Durante a súa intervención, adiantou tamén que en 2017 comezarán os traballos para dotar ao parque dun Plan Reitor de Uso e Xestión e presentou a memoria anual de actividades que se desenvolveron no espazo durante o 2016.

En canto a actuacións futuras, adiantou que se adxudicaría de forma inminente o contrato para o deseño e execución de campañas de divulgación e promoción do turismo de natureza sustentable e de educación ambiental que, cofinanciado polo FEDER, desenvolverase en todos os parques naturais galegos e dará servizo de atención ao público durante os próximos dous anos

Xuntas consultivas

As xuntas consultivas están reguladas pola Lei 9/2011, de 21 de agosto, de Conservación da natureza, así como polo Decreto 265/2007, do 28 de decembro, que establece a composición das mesmas. Teñen como obxectivo colaborar na xestión do espazo protexido e canalizar a participación dos propietarios e os intereses sociais. Para conseguilo, contan con membros que representan ás administracións, aos propietarios e a entidades relacionadas cos parques naturais.

19 de decembro de 2016 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.