publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente estuda vías de colaboración con Triacastela en materia de saneamento e abastecemento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTriacastela
A-
A+
Beatriz Mato na reunión coa alcaldesa de Triacastela

Beatriz Mato na reunión coa alcaldesa de Triacastela

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o concello de Triacastela estudarán vías de colaboración en materia de saneamento e abastecemento. Ese foi un dos principais temas que se abordaron hoxe na reunión de traballo que mantiveron a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e a alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias.

Segundo trasladou a rexedora municipal durante o encontro, Triacastela é un concello con necesidades específicas en materia de augas derivadas da afluencia de peregrinos. A conselleira comprometeuse a estudar estas necesidades.

Por outra banda, tamén se abordaron liñas de colaboración en materia de urbanismo, como a actuación para acondicionar o camiño de Suavila. Actualmente, o Goberno galego xa conta con proposta de adxudicación, que se podería asinar e formalizar a finais desta semana.

A actuación, inscrita no Plan Hurbe, persegue realizar un paseo semiurbano, acabado en formigón rugoso coa mesma cor e tipoloxía doutros paseos da zona. Contará cun pequeno muro de contención, a base de cachotes de pedras, que salvagardará o desnivel que existe entre o paseo e un pequeno regato que transcorre ao marxe dereito. O ancho medio será de 4 metros, que irán pavimentados, máis un metro no que se realizará unha pequena franxa axardinada. Ademais, disporá de iluminación mediante balizas verticais e de bancos de pedra e papeleiras nos puntos de intersección con outras rúas.

12 de decembro de 2016 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.