publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Liberade con obriga de comparecer no xulgado para un detido por 30 incendios forestais de Arbo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArboLocal PortadaSucesos
A-
A+
Europa Press

O detido no municipio pontevedrés de Arbo como suposto autor de 30 incendios forestais, veciño desa localidade, quedou en liberdade coa obriga de comparecer no xulgado cada quince días tras comparecer no Xulgado número 2 de Ponteareas.

Segundo informaron fontes xudiciais, o home está investigado por un presunto delito de incendio forestal e está acusado por unha trintena de lumes que se rexistraron nos últimos tres anos na zona.

Ademais de ter obriga de comparecer no xulgado cada 15 días, impuxéronselle outras medidas solicitadas pola Fiscalía relacionadas coa posesión de obxectos que poderían utilizarse para provocar lumes forestais.

1 de decembro de 2016 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.