publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Investigan á presunta autora dun incendio forestal en Cambados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica de Pontevedra, informaron hoxe da imputación dunha muller como presunta autora dun incendio forestal no concello pontevedrés de Cambados.

O lume que tivo lugar pasado día 20 de decembro afectou a unha superficie de 2.300 metros cadrados, no lugar de Couto, na parroquia cambadesa de Castrelo. Na investigación, contouse coa colaboración dos Axentes Medio Ambientais da Brigada de Investigación de Incendios Forestal (B.I.I.F) da consellería do Medio Rural, comprobándose que o lume se debeu a un escape de queima, que a investigada realizou de forma neglixente. A rápida intervención dos medios de extinción de incendios da Xunta impediron que o lume tivese maiores dimensións.

Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Garda de Cambados (Pontevedra). Na actual campaña anti-incendios forestais do 2016, un total de 70 persoas foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.

21 de decembro de 2016 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.