publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Investigan a dúas persoas como presuntas autoras dun incendio forestal en Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarínSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica da Pontevedra informaron hoxe da investigación de dous varóns como presuntos autores dun incendio forestal ocorrido o pasado 3 de decembro no concello de Marín.

Na investigación contouse coa colaboración dos axentes medioambientais da Brigada de Investigación de Incendios Forestais (BIIF) da Consellería de Medio Rural.

O lume investigado tivo lugar na parroquia de Ardán, e afectou unha superficie de 800 metros cadrados de superficie arborada. O incendio produciuse cando os investigados se atopaban facendo unha queima de restos forestais.

Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Marín.

Na actual campaña antiincendios de 2016 a Policía Autonómica xa leva investigadas ou detidas a 66 persoas por delitos relacionados con incendios forestais.

9 de decembro de 2016 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.