publicidade hoxe

Formoso destaca a simbiose entre o IES Calvo Sotelo e as 60 empresas da provincia nas que o alumnado fai as súas prácticas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a deputada de Servizos Sociais, Ánxela Franco, e o director do IES Calvo Sotelo, Genaro García, participaron hoxe, na sala de de conferencias deste centro formativo dependente da Deputación, nun acto con representantes das 60 empresas da provincia nas que os alumnos do centro realizan prácticas este ano.

González Formoso agradeceu a confianza depositada polas empresas no alumnado do centro e considerou que “esta simbiose formativa resulta beneficiosa para ambas partes, xa que as compañías aproveitan tamén o talento e a elevada cualificación técnicas dos alumnos” do Calvo Sotelo.

Os periodos de prácticas resultan fundamentais no proceso formativo dun alumno. Acadar esa experiencia profesional é a diferenza principal que separa a un estudante dun futuro profesional. Neste senso, o IES Calvo Sotelo foi pioneiro na provincia en poñer en marcha un programa de prácticas internacionais na Formación Profesional. A través do proxecto “ACOREUROPA”, seis alumnos do centro coruñés realizarán este ano prácticas no extranxeiro “o que supón un valor engadido de cara a un futuro posto de traballo”, apuntou González Formoso, quen salientou a estancia de varios estudantes do Calvo Sotelo en países como Alemaña, Italia, ou Irlanda.

Na actualidade, o instituto de formación ten suscritos 60 convenios con outras tantas empresas da provincia como Hotel Finisterre da Coruña, Pescanova , Coca Cola ou La Voz de Galicia e desenvolve un proxecto experimental de FP Dual Básica, cunha clara aposta pola inserción no mercado laboral.

Moitas das empresas que hoxe asistiron á xuntanza do 60 aniversario do instituto provincial levan dende hai décadas mantendo a súa relación formativa de prácticas profesionais ” o que é un claro indicador da confianza que depositan en nós”, indicou González Formoso.

Dende a Deputación apóstase pola educación práctica, unha educación que teña efectos proveitosos para as novas xeración de mozos de que buscan unha primeira oportunidade laboral. O ente provincial garantizou o seu compromiso para seguir contribuindo ao mantemento do Calvo Sotelo. Neste ano, a inversión total en equipamento e maquinaria patara os talleres de FP incrementouse un 25% con respecto ao ano pasado.

O presidente da Deputación quixo agradecer á comunidade educativa do Calvo Sotelo os seus 60 anos de “compromiso coa educación” e salientou o elevado nivel do alumnado do centro, “un centro de formación profesional de referencia en Galicia”.

2 de decembro de 2016 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.