publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Falece un traballador tras caerlle unha árbore enriba en Salvaterra

Europa Press

Un home faleceu este venres ao sufrir lesións na cabeza tras caerlle enriba unha árbore cando traballaba na localidade pontevedresa de Salvaterra do Miño.

Segundo informou o 112, os feitos aconteceron sobre as 9,00 horas deste venres no lugar de Lagoa, na parroquia salvaterrense de Vilacova, cando recibiron un aviso dun accidente laboral.

O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informou do acontecido á Policía Local e á Guardia Civil, mentres que Urxencias Sanitarias mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, o ‘H4′.

O helicóptero aterrou no campo de fútbol das Neves, por ser o lugar máis próximo ao dos feitos, e os sanitarios desprazáronse ata o punto onde estaba o traballador. Non obstante, malia os esforzos por reanimalo, finalmente faleceu no lugar.

9 de decembro de 2016 | 11:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.