publicidade hoxe

Dúas persoas feridas nunha colisión múltiple en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA FonsagradaLocal PortadaSucesosVigo
A-
A+
Europa Press

Unha colisión múltiple entre tres vehículos saldouse este luns con dúas persoas feridas en Vigo, pasados uns minutos das 9,30 horas, segundo informa o 112.

Un particular informou ao 112 do accidente, á altura do número 28 da rúa Couto Piñeiro. Entón, foron alertados Urxencias Médicas e Policía Local, Protección Civil e os bombeiros da cidade.

Os dous feridos foron trasladados polo persoal sanitario ao Hospital Perpetuo Socorro da localidade.

A FONSAGRADA

Por outra parte, na Fonsagrada (Lugo), unha saída de vía na LU-530, na parroquia do Padrón -lugar de Montouto–¡, deixou a dúas persoas feridas.

Trátase dunha parella de avanzada idade e o home, segundo indican fontes do 112, necesitou asistencia sanitaria, tras un sinistro que se produciu sobre as 13,45 horas.

12 de decembro de 2016 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.