publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Detidos dous portugueses con roupa falsificada valorada en 11.000 euros destinada a unha empresa de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaVerín
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil de Verín (Ourense) detivo a dous cidadáns portugueses tras ser interceptados con roupa supostamente falsificada valorada nuns 11.000 euros destinada a unha empresa de transporte desta localidade ourensá.

Segundo informou o Instituto Armado, a Garda Civil de Verín detivo ás 18,00 horas do xoves aos cidadáns portugueses R.R., de 50 anos, e A.C., de 51 anos, veciños de Azur en Guimaraes (Portugal) como presuntos autores dun delito contra a propiedade industrial.

Os individuos foron interceptados no quilómetro 3 da estrada N-532 ao seu paso polo municipio de Oímbra cando circulaban cun vehículo que transportaba roupa supostamente falsificada, valorada en 11.000 euros.

As mesmas fontes indicaron que a mercadoría tiña como destino unha empresa de transportes de verín, que a repartiría por provincias do Sur de España.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución Número 2 da localidade ouresana de Verín.

2 de decembro de 2016 | 10:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.