publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Deteñen a unha muller en Culleredo por simular que lle roubara o coche tras sufrir un accidente do que fuxiu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Axentes da Guardia Civil de Culleredo (A Coruña) detiveron unha muller por simular que lle roubaran o coche tras sufrir un accidente de tráfico do que fuxiu.

Segundo informou o Instituto Armado, na tarde do martes foi detido M.D.L.R., de 50 anos, pola comisión dun delito de denuncia falsa e simulación de delito. A muller supostamente provocara na madrugada dese mesmo día un accidente no que un motorista resultou ferido.

O martes a Guardia Civil de Culleredo tramitou unha denuncia que, segundo manifestaba a denunciante, propietaria dun turismo Saab 93, deixara estacionado o seu coche na vía pública e alguén o subtraera.

Das investigacións posteriores realizadas polos axentes, verificouse que o relatado pola denunciante “non se correspondía coa realidade”, segundo explicou o Instituto Armado, e que este vehículo estivera implicado nun accidente de circulación ás 6,00 horas na N-550 en Altamira, en Cambre.

O accidente consistiu nunha colisión contra un automóbil e unha moto, que se saldou co condutor da moto ferido e a fuga “a toda velocidade do lugar do sinistro por parte do Saab 93″, segundo indicaron as mesmas fontes.

Por estes motivos a Guardia Civil de Culleredo impútalle a comisión dun delito de denuncia falsa e simulación de delito e o Destacamento da Agrupación de Tráfico da Coruña investígaa por un delito de condución temeraria. A detida recoñeceu os feitos e indicou aos axentes o lugar onde escondera o coche.

Por estes feitos instruíronse dilixencias, que foron postas a disposición do xulgado de Instrución de garda da Coruña.

7 de decembro de 2016 | 16:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.