publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cores Tourís analiza co alcalde de Mondariz Balneario as demandas en relación á Administración autonómica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondariz-Balneario
A-
A+
Reunión de Cores Tourís co alcalde de Mondariz Balneario

Reunión de Cores Tourís co alcalde de Mondariz Balneario

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, realizou hoxe unha visita institucional ao concello de Mondariz Balneario onde mantivo unha entrevista co seu alcalde, José Antonio Lorenzo, quen lle transmitiu as principais preocupacións do municipio en relación á actividade da administración autonómica.

O delegado territorial continúa así, tras tomar posesión do seu cargo, a rolda de visitas polos concellos dependentes da Delegación Territorial de cara a escoitar os responsables municipais e analizar as súas demandas.

Ambos responsables analizaron os proxectos realizados nos últimos anos pola administración autonómica neste concello, destacando as melloras en canto a seguridade viarias levadas a cabo na PO-254 ou o empedrado do camiño de Arocha, ao que se destinaron máis de 25.000 euros. Tamén recordaron os 20.000 euros destinados a levar a cabo cambios de puntos de luz de cara a mellorar a eficiencia enerxética do municipio, así como os 150.000 euros que se destinaron nos últimos anos á diversas obras de mellora de camiños rurais a través do Plan Marco.

Deste xeito, o rexedor de Mondariz Balneario trasladou a Cores Tourís o interese do municipio en continuar a colaborar coa administración autonómica de cara a seguir traballando tanto na mellora das infraestruturas viarias, como nas educativas ou nos camiños rurais do concello.

26 de decembro de 2016 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.