Controlado o incendio forestal rexistrado en Carballeda de Valdeorras
A Consellería do Medio Rural informa do control do incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Casaio.
O lume, que comezou esta mañá ás 08:40 horas, quedou controlado ás 15:40 horas desta tarde. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é de 36,78 hectáreas de monte raso. Na súa extinción participan 2 axentes, 2 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.