publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Comezan as obras de mellora de seguridade vial na intersección do Santo, entre as estradas LU-120, LU-121 e LU-111, ao seu paso por Vilalba e Cospeito

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeitoLugoVilalba
A-
A+

A Xunta inicia as obras de rehabilitación do firme e mellora de seguridade vial na intersección do Santo, entre as estradas LU-120, LU-121 e LU-111. Esta actuación contará cun orzamento de máis de 60.000 euros e foi adxudicada á empresa Ovisa Pavimentos y Obras S.L.U. Se as condicións atmosféricas o permiten, esta actuación estará rematada a finais deste mesmo ano.

Os traballos, que teñen un prazo de execución de 2 meses, consistirán na rehabilitación superficial do firme na estrada LU-121, concretamente entre os puntos quilométricos 0 ao 0+350, na aproximación existente ao cruce coas estradas LU-120 e LU-111, concretamente, no lugar do Santo, ao seu paso polos concellos lucenses de Vilalba e Cospeito.

As obras suporán a reparación do firme no puntos cercanos ao cruce na LU-120 e a modificación de 6 pasos de peóns existentes na travesía, transformándoos en sobreelevados para obrigar aos condutores á reducir a velocidade na aproximación a dito cruce.

Dende a Xunta, séguese a investir en distintas actuacións de mellora da seguridade viaria, que responden aos obxectivos que o departamento que dirixe Ethel Vázquez ten marcado de conservar as estradas galegas nas mellores condicións; proporcionar aos cidadáns unha maior comodidade nos seus desprazamentos; e, ante todo, garantir e reforzar a seguridade viaria, porque nada hai máis importante que a vida e a integridade das persoas.

Todas estas actuacións forman parte do Plan de Reforzos de Firme da Xunta de Galicia para 2016, unha liña de traballo que supón o investimento de case 24 millóns de euros na mellora de case 700 quilómetros de estradas.

2 de decembro de 2016 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.