publicidade hoxe

A Xunta publica no DOG a licitación das obras da senda entre o núcleo de Castro Ribeiras de Lea e o polígono industrial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastro de ReiLugo
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a licitación das obras da senda entre o núcleo de Castro Ribeiras de Lea, no Concello de Castro de Rei, e o polígono industrial, na estrada LU-115, cun investimento de case 50.000 euros.

O prazo de execución establecido para este contrato é de 4 meses e as empresas interesadas no proxecto poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 23 de xaneiro. Neste enlace pódese ampliar a información desta resolución.

Este itinerario está enmarcado no Plan de sendas de Galicia, na comarca da Terra Chá, na que a Xunta investirá case 1,5 millóns de euros na construción de 9 sendas que sumarán 8,3 quilómetros para favorecer desprazamentos cotiás seguros e sustentables.

O núcleo de Castro Ribeiras de Lea conta con beirarrúas actualmente, pero non existe un itinerario peonil ata o polígono industrial, situado a pouco máis de 200 metros do casco urbano, polo que neste proxecto defínese este percorrido peonil. Así, o treito obxecto das actuacións está comprendido entre o p.q. 10+000 (punto no que finaliza a beirarrúa existente en Castro Ribeiras de Lea) e remata no 10+230 (intersección de acceso ao polígono industrial).

As obras consistirán na execución dunha senda de formigón coloreado de 115 metros de lonxitude e 1,8 metros de ancho, pola marxe esquerda da estrada.

Estas actuacións teñen beneficios para as persoas, ao velar pola súa seguridade e tratar de fomentar hábitos máis saudables; para as vilas, supoñendo menor conxestión de vehículos en tramos saturados e novos espazos de tránsito; e para o medio, buscando menos contaminación acústica e mellorando a calidade do aire, ao reducir a emisión de gases contaminantes.

28 de decembro de 2016 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.